Noticias y alertas

RECOLLIDA DE RESIDUOS | Na xornada de onte atopámonos con esta imaxe nun camiño...

17/09/2024

RECOLLIDA DE RESIDUOS | Na xornada de onte atopámonos con esta imaxe nun camiño no lugar de 📍 Padreiro (Baíñas).



📢 Unha vez máis vémonos na obriga de denunciar estes actos que tanto dano fan ao noso municipio.



Nesta ocasión trátase de sacos de uralita, un material perigoso e altamente contaminante para o medio ambiente 🌎.



😡 Este tipo de residuos requiren dunha xestión especializada e moi custosa que terán que asumir as arcas municipais. É un procedemento de arredor de 1.000 euros entre o saco homologado, o trámite documental, a taxa do vertedoiro e o traslado ata alí (As Somozas).



Un custe que nos afecta a todos os veciños e veciñas. Non podemos permitir que este tipo de condutas de enorme irresponsabilidade sigan ocorrendo semana tras semana.



Ademais, ♻ recordamos que contamos cun 🚮 #PuntoLimpo no 📍 Parque Empresarial, que funciona 🕒 os xoves de 9:00 a 13:00 e 15:00 a 19:00 horas e sábados de 10:00 a 14:00 horas, e co #PuntoLimpoMóbil, un servizo de #recollida a domicilio 🏠🚚 que se leva a cabo unha vez ao mes con petición previa.



Podes contactar co Punto Limpo a través do teléfono ☎ 698 148 504 ou no correo 📧puntolimpo@vimianzo.gal



🙏 Desde o Concello de Vimianzo solicitamos respecto, civismo e a colaboración cidadá para que denuncie feitos coma este no caso de detectalos. É fundamental que entre todos e todas coidamos do noso medio e dos nosos espazos.











Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies