Noticias e alertas

SEA | 🙏🏻 GRAZAS!

27/06/2024

SEA | 🙏🏻 GRAZAS! 🙏🏻



👉🏻 Desde o Concello de Vimianzo queremos mostrar o noso profundo agradecemento a todas as persoas que fixeron posible que onte o I Foro Atlántico Empresarial fora todo un éxito.



✅ A todos os que sentastes á mesa para falar sobre a situación: José Rey Hermida, responsable comercial de SEA; Olga Villar, xornalista; José Manuel Fernández, subdirector de Asesoramento Empresarial do IGAPE; Álvaro Aterido, técnico do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Coristanco; José Carlos Díaz, técnico de proxectos do PEL da Deputación da Coruña; Guillermo González, xerente GALP Costa da Morte; e José Antonio Vila, xerente do GDR Costa da Morte; grazas por compartir connosco o voso coñecemento.



✅ Ás autoridades; Francesc Xavier Boya, Secretario Xeral para o Reto Demográfico, Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña, Rosa Ana García, deputada de Industria e Emprego da Deputación da Coruña; infinitas grazas por facer un oco na vosa axenda e acompañarnos. O agradecemento é infinito.



✅ Por suposto, á persoa que o fixo posible desde o principio: Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial Atlántico. Grazas por apostar por Vimianzo unha vez máis.



✅ A Rosa María Sánchez, técnica de Desenvolvemento Local no Concello de Vimianzo e Carmela Mor, responsable de Comunicación de SEA, polo seu constante esforzo durante todos estes meses para que todo saíse adiante.



✅ Non podemos esquecer aos BNI Dolmen Costa da Morte e Salitre e a Afiprodel, que non só nos acompañaron onte, senón que nos axudaron a divulgar e facer chegar este evento a un maior número de persoas.



👏🏻 E por suposto a vós, aos verdadeiros protagonistas: empresarios, autónomos, emprendedores... GRAZAS polo voso interese. GRAZAS por acompañarnos unha vez máis. GRAZAS por esa valentía que vos fixo, fai ou fará emprender.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies