Noticias e alertas

VISITAS I 🚌 Ao longo destes meses, máis de 550 rapaces e rapazas acudiron a Vimianzo e visitaron o Castelo, o Castro das Barreir...

26/06/2024

VISITAS I 🚌 Ao longo destes meses, máis de 550 rapaces e rapazas acudiron a Vimianzo e visitaron o Castelo, o Castro das Barreiras, os Muínos e Batáns do Mosquetín, o dolmen de Pedra Cuberta e o Porto de Cereixo.



Desde colexios de municipios veciños como 📍 Camariñas, Cee, Laxe, Muxía ou Zas, ata outros máis afastados, como Outes, Santiago, A Coruña ou Murcia.



💚 Desde o Concello sentimos un profundo orgullo porque o noso patrimonio continúe sendo, ano tras ano, unha parada educativa case obrigatoria.



Por iso, mostramos o noso profundo 🙏 agradecemento a todos os centros educativos que escolleron #Vimianzo para achegar o valor patrimonial á rapazada e mostrarlle desde as idades máis temperás a importancia de coidalo e respectalo.



Grazas, grazas e mil veces grazas. Estarémosvos agardando o vindeiro curso!



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies